lunes, 26 de mayo de 2008

IES MONELOS. 75 E 100 PALABRAS






Este era un paxaro que acababa de nacer. Cando puido voar foise do seu niño a ver mundo. Un día chegou a unha casa onde unha nena o viu e colleuno. Chamoulle Pisco. Cada noite a nena soltábao e ó día seguinte Pisco volvía a ela. Fixéronse moi amigos. Pero un día Pisco no volveu, ela mirou e mirou ata que o albiscou na rúa. Estaba alí embaixo. Estaba esperándoa. Entón pensou que sorte teño.
*****************
Non hai moito nun lugar de Europa, vivía unha familia moi rica que estaba formada por un pai, unha nai, un fillo e unha filla.
O pai era un home moi simpático, ó igual que a nai e o fillo; pero a filla era unha nena desagradable, groseira, que todo o quería e se non llo compraban poñíase de moi malhumor.
O estraño era que sendo os pais tan amables, a súa filla fose tan groseira.
*******************
Quedeime mirando ó peculiar animal mentres el seguía comendo. Cerrei a neveira. Quedei cos ollos coma pratos e volvina a abrir. O animaliño seguía alí. Pensei que era un soño pero el parecía moi,moi real. Decidín dicirlle algo, non parecía excesivamente perigoso. Pero , que dicirlle? Que lle diría a un animal que estaba zampando literalmente a miña neveira?
Isto ……….. ola- dixen eu- Quen es?
Parecía que non falaba galego porque el ía ó seu.
*******************
Fun ó meu cuarto, pechei os ollos e intentei durmir pero non puiden. A curiosidade era máis forte ca min. Ó día seguinte estábame peiteando cando volvín a ver a sombra. Ó meu lado había un espello e pensei que se non me daba a volta ese espectro marcharía. Probei a ver se podía velo polo espello, e conseguino. Era unha nena cunha cara moi triste. Ela ó decatarse puxo cara de terror e foise.
*********************

Adentrouse na brillante neve. Non ía moi bo tempo para viaxar. O vento azoutaba os seus cabelos louros e ondulados, e aínda quedaban catro meses de noite.
Daisy camiñou durante días na penumbra. Non sabía que dirección tomar. Só pretendía camiñar, camiñar…"Algún día chegarei a algunha parte " murmuraba na escuridade para darse ánimos.
Pouco a pouco as súas provisións foron esgotándose e Daisy viuse obrigada a cazar. E non sabía facelo moi ben.
**********************
Nun día calquera de mil novecentos trinta e cinco, o avó, coma sempre, aporreaba a máquina de escribir e resoaba en todo o edificio o golpeteo das teclas. Nunca lle dicía a ninguén sobre o que escribía pechado no seu cuarto. Mamá non me deixaba subir ó faiado centrada na súa calceta e meu pai poucas veces falaba con nós, tan só co avó.
E xunto a el pasaba a maior parte do día sen baixar a comer.



*******************************************************************************************

Daisy sacou o seu ulo, o coitelo de muller. Xa levaba tres anos no Ártico, dende os dez, pero aínda non tiña a paciencia necesaria para cazar como os verdadeiros cazadores.
Daisy tumbouse no chan e agardou a que algún escrivano pasase por alí. Agardou horas e horas pero non viu nada. Aínda así, aprendera a agardar ser mover un só músculo e con moita paciencia, e iso xa era un mérito.
A rapaza contou os días que levaba vagando por aí. Xa levaba días, semanas e tiña fame. Pero tivo un golpe de sorte: atopou tres niños de lemmings.

*********************
Cando eu ía pola rúa atopeime cun semáforo coa cor azul e o seu pau de branco; cando fun á miña casa pasei pola praia e vin o mar vermello, o ceo verde e as nubes amarelas. A que me soaba iso? Cando cheguei á miña casa estaba todo patas cara arriba, nunca mellor dito, os mobles no teito e as lámpadas no chan. Funme deitar na cama para relaxarme, durmín boca a baixo e espertei flotando. Por iso penso que nós poderiamos ser froito da nosa imaxinación ou da imaxinación doutro, ou talvez poderiamos vivir nunha burbulla imaxinaria espazo-temporal.
***********************


Encontrábase medio deitado diante daquel porto no que unha vez se despediu del. Naquel porto onde lle regalara ese amuleto do que nunca se separaba. Miraba as ondas rompendo contra as rochas e vías as ondas rompendo contra o seu corazón africano. Pensaba no seu pai, ese home que o abrazara todas as noites escuras e que o tranquilizara cando tiña medo. Cando miraba ó mar pensaba nesas cousas que o enchían de melancolía: en se estaría morto pese ás opinións do pobo… Pensaba tamén no día no que tería que ir a esa guerra.
************************
Unha vez na miña casa oíronse ruídos moi estraños. Eu levanteime da cama e botei un vistazo a ver que pasaba. Fun baixando as escaleiras moi paseniño. Cando estiven na planta de abaixo percibín uns ruídos, viñan da porta, mirei pola mirilla da porta e vin que era Toby, o can do noso veciño. Abrín a porta e deixeino pasar á sala, no seu colar tiña unha carta que dicía:"Ola veciños, déixovos a Toby unha tempada porque me vou de viaxe, a miña nai está moi enferma. Xa sei que vos debería ter avisado antes pero non tiven valor."

No hay comentarios: