lunes, 26 de mayo de 2008

IES MONELOS. 25 E 50 PALABRAS

E encontreino chorando nun curruncho do soportal, desolado. Acerqueime púxenlle o brazo polos ombros e pregunteille que lle pasaba, entón díxome:
- Voume a outro instituto
********************
Había unha vez unha porta relucente que acababan de poñer nunha casa nova. A porta estaba moi contenta pero un día soleado a casa queimouse.
*********************
Camiñando polo misterioso bosque encontraron unha cova. Entraron para ver o que había pero só encontraron pedras. Saíron para non perder ó resto do grupo.
*********************
Miro pola ventá e observo unha gran explosión de gas que ocasiona unha catástrofe de 2000 mortos. Menuda foto sacaría coa miña nova cámara dixital.
***********************
A ver teño que escribir 25 palabras, xa sei: "Había unha vez un fermoso neno que andaba sempre cun gran sorriso de orella a orella".
*********************
Abriu as ás, deu un salto e saíu voando. Despois de tantos intentos lográrao. Era a primeira vez que emprendía o voo cara á liberdade.
***********************
Daisy non levaba compás. Pensou en deixar marcas pola tundra mentres andaba para non perderse. Pero ó facelo poderían descubrir o seu rastro e atopala…
**********************
A mañá amenceu clara sen nube algunha no ceo. Non estaba ninguén traballando nos campos, nin os comercios da vila abriran aínda a ningún madrugador.
*****************
No parque había unha praza, na praza unha arboreda, na arboreda unha árbore, na árbore ramas, nas ramas un paxaro en el os seu ovos.





**************************************************************************************



O xardín que pechaba a casa dos Bennet era espectacular, non é que estivese moi ben coidado, todo o contrario. O desleixo facía que lle dera á mansión un aspecto misterioso. Non sabería describilo con exactitude. Unha hedra escura cubría todas as paredes e agatuñaba polas xanelas do lado norte.
*********************
A lúa iluminaba palidamente as sombras da noite cando Daisy se deslizou a través da porta da súa casa. Decidira escapar. O Ártico non lle gustaba e dicidira volver a Canadá, a Queebek. A neve estendíase ós seus pés, salpicada de monótana tundra que asemellaba toda igual e fermosamente infinita…
**********************
Cando mirei e non había nada pareceume moi raro, busquei por todo o cuarto e nada de nada. Díxenllo á miña nai e dixo que seguro que era cousa miña. Deixeino de lado. Pero despois vin a negra sombra na parede. Volvín a dicirllo e dixo que eu necesitaba durmir.
***********************
Na clase hai moito tolo solto
Como Adrián que se ri só.
Isto é unha tolería
Pero desborda de alegría.
Pichi e Antón din cousas raras
E Adrián toca as maracas.
Álex está durmido e di:
Que pasa chacho?
E eu ríome da clase,
Isto é un gran, graaan desfase.
*************************
Esta mañá ó espertarme, oín un son estraño. Levanteime e fun ver, pero todo estaba completamente normal. Pensei que fora o vento e fun á cociña. Abrín a neveira e dentro atopei un pequeno bichiño que estaba comendo todo. O de pequeno é un dicir, tiña o tamaño dun can.
**************************
Era unha noite moi fermosa. A lúa estaba chea e había unha morea de estrelas no vasto firmamento. Cando cheguei, xa non estaba, o mar debía ter quedado con ela. O faro era, á parte da lúa, a única luz da noite e era o único que me daba tranquilidade.
***************************
Era unha vez un porco tan bonito, tan bonito que en vez de embozarse na lama se embozaba en caviar, ata que o dezaoito de abril descubriu que era alérxico, polo que decidiu morrer en maio, en San Martiño. Isto dá nome ó refrán :"en San Martiño matan o fino porquiño"
***********************


Había unha vez un león que era tímido e para cazar pedíalle permiso ás súas presas para comelas. Elas dicíanlle que non, cando oía iso pensaba en facerse vexetariano e os demais leóns ríanse del. Un día decidiu cazar a mellor gazela de toda a Sabana. Foi , cazouna e comeuna.

No hay comentarios: