Campo de refuxiados do Sáhara, 23 de marzo do 2008

Ola Sonia:
Escríboche dende o Sáhara onde estou tomando un té cos meus compañeiros da ONG na que estou metida. Agora, ás doce é a miña hora de descanso, xa que non se pode saír pola tremenda calor que vai fóra. É semana santa e aquí as temperaturas poden alcanzar os 50º C, e máis no mediodía.
A ONG na que estou como voluntaria dedícase a impartir clases nunha escola no campo de refuxiados. É o primeiro ano que estou aquí pero xa me deixan dar clases ós nenos de Español, Matemáticas e Xeografía. Son xente estupenda estes saharauis; a pesar da súa pobreza danche todo o que teñen e máis. Teñen costumes diferentes ás nosas: comen coas mans, para eles non existe a propiedade privada, dormen no chan, etc…
Na escola que temos non só somos nós os que ensinamos, tamén os nenos e nenas nos contan anécdotas e historias apaixoantes do Sahara, así aprendemos todos.
Teñen uns festivais que son polas noites e nos que bailan ó redor do lume, todo é precioso
Vaime dar a hora de ir xogar cos nenos ó fútbol.
Un bico
CAROLINA
*******************
O Sáhara, 21- 3- 08
Ola Sonia:
Estou no Sáhara coa miña nai. Cheguei antonte e ó chegar leváronnos ó hotel en camelo. Como chegamos tarde ese día xa non fixemos nada.
Ó día seguinte levantámonos cedo para almorzar e asearnos porque nos esperaba un día fantástico. Fomos facer unha ruta en camelo polo deserto. Toda a mañá fomos en camelo ata chegar a un oasis e alí, no medio dunha terra maltradada pola calor, había unha zona de vida, auga, árbores, animais,… era como entrar de repente noutro mundo. Alí comemos e pola tarde fixemos o camiño de regreso.
Hoxe, en cambio, estamos pola cidade do Cairo, pasendo e vendo os mercadiños.
Envíoche un saúdo
XACOBE
************************
Sáhara? 30- 3- 2008
Ola Sonia:
Escríboche porque me está pasando unha cousa moi rara. Onte á noite fun á cama e encontrei unha moeda do Sáhara pero non lle dei maior importancia, pensaba que sería algunha peza dalgún xoguete da miña irmá pequena. Máis tarde un grupo de africanos trouxome ata aquí. Creo que estou no Sáhara porque vai moita calor. Agora estou nunha terraza tomando té cun señor moi maior. Estame a falar daquela moeda que encontrei na miña habitación, pídeme que a devolva con moito coidado. A min, o que me gustaría saber é como chegou á miña casa e moito máis á miña habitación.
Gustaríame que falaras coa miña nai e llo dixeras todo.
LAURA
***********************
Sáhara, 10 de agosto, 2008
Querida Sonia:
Escríboche para contarche que estou con Treeba, o extraterrestre, tomando un café no Sáhara.
Acaba de aterrar na Terra pero está algo triste. Cando el veu por última vez, en 1691, comentou co meu tátara- tátara- tataravó que o aire estaba moi limpo e a paisaxe moi coidada, agora, non pode dicir o mesmo…
Fascínanlle as televisións e as cadeas musicais.
Di que saúdos para a túa tátara-tátara- tataravoa, pero como ela non está eu douchos a ti.
Un saúdo
PABLO E TREEBA
******************************
Tindouf, 15 de marzo do 2008

Querida Sonia:
Grazas por preocuparte por min pero non preciso de nada . Gustáronme moito as fotos que me mandaches. Eu mándoche tamén algunhas postais. Sobre o que me preguntaches, si, vou estar toda a semana así que non vou poder ir á festa.
Esta viaxe é interesantísima aínda que estou moi cansa, levántome ás nove e déitome sobre as once. Durante o día vai moita calor, antonte chegaron ós 30º C. As cidades de África son moi distintas das nosas, a xente e os seus costumes. A recepcionista do hotel é encantadora e falo con ela moitas veces. Levámonos tan ben que onte estiven tomando un té con ela no Sáhara. Somos moi boas amigas, ela cóntame cousas sobre África e recoméndame sitios interesantes para visitar e eu fálolle de Galicia, que é moi diferente a isto. Tamén lle ensinei as fotos que me enviaches, quedou marabillada e di que quere vir a España pero non se pode permitir a viaxe. Se ela non pode vir, nós iremos máis veces xunto a ela.
Que tal todo por aí? Estou desexando vervos a todos. Seguramente estarán todos contentos coas súas notas, non? Eu si, moitísimo. Escríbeme pronto.
Moitos bicos para todos.
MARINA
******************************
Illa do Pacífico, ?-? – 2009
Estimada/o amiga/o:
Supoño que non me coñeces. Eu tampouco sei se te coñezo a ti pero aínda así gustaríame dicirche algo.
Son náufrago nunha illa do pacífico dende hai catro anos. Xa perdín a conta dos meses e da data exacta pero aínda así sei que estamos no 2009. Non teño nin idea de cal é o nome da illa pero gustaríame moito que me axudaras. Eu aquí estou cómodo pero aínda así agradecería volver á civilización coa miña noiva, a cal espero non se volvese namorar.
Chámome Rudolph Smith e o meu barco naufragou hai uns catro anos, aquí no pacífico. Eu por aquel entón tiña só vinte e dous anos, pero xa tiña o meu propio barco. Por desgraza, toda a tripulación foi vítima da furia do mar ou dos dentes dos tiburóns e eu cheguei aquí, á miña illa, completamente só.
Ó principio gustábame a tranquilidade da praia, a frescura da xungla e os trinos dos paxaros, pero despois de catro meses comecei a anhelar a compañía de alguén. E agora, catro anos máis tarde, podes imaxinar o desesperado que estou.
Pregúntome se hoxe alguén recordará o meu nome. Boto de menos a miña familia, os meus amigos e a miña noiva. Por favor, se recibes a miña carta, avisa urxentemente a:
Rose Smith ( miña nai): High Street, London, 7, 1º piso. 6887354
Emily Park ( a miña adorable noiva): Flower Street, 10, 5º piso, London.
666973
Ruth Smith (miña irmá): High Street, London, 9, 2º piso. 6542810
Thomas Jones ( o meu mellor amigo): Central Park, 8, 3º piso, London. 6493342
De seguro que se alegrarán moitísimo de saber que aínda estou vivo.
Ben como non sei o nome nin o paradeiro exacto da illa, describireicha o mellor que posible se che serve de algunha axuda.
É pequena, segundo puiden comprobar, apenas uns 30 metros cadrados. Conta cunha praia moi estreita e fermosa, de area branca e coral. Tamén ten unha xungla verde, fresca e chea de flores e no corazón da illa hai un lago, con forma circular, con auga doce. Cando o meu barco afundiu, estabamos nas coordenadas e despois eu atopei a illa ó cabo dunha hora máis ou menos. Non o sei moi ben pero creo que está ó leste do lugar do naufraxio.
E cambiando de tema… preguntaraste como encontrou Rudolph a botella e o papel. Atopounos enterrados na praia, inexplicablemente, xunto con unha pluma.
Ben, non teño nada máis que dicirche, ou sexa, que me despido de ti coa esperanza dunha salvación rápida.
Moitísimas grazas
RUDOLPH ( alias ALICIA)
P.D.: Supoño que o meu nome soarache de algo. Eu son o famoso escritor que publicou Tomando té no Sáhara cos seus habitantes no 2002. Pasou tanto tempo xa…
*****************************
Rabat, 22 de marzo do 2008
Ola Sonia:
Estou en Rabat, Marrocos, de vacacións coa miña familia dende o sábado.
Fixemos a viaxe en avión e aínda que tardamos catro horas en chegar e non puiden xogar coa PSP, non cheguei canso ó hotel AL ANDALUS que é onde nos aloxamos.
É todo moi bonito. Coñeces esta cidade? É a capital de Marrocos e está situada na parte atlántica , no esteiro de Bou Regreg. As rúas son moi estreitas e as casas moi diferentes ás nosas, con azulexos pequeniños de moitas cores.
Fun visitar os mercadiños, que aquí chaman zoco . Gustoume moito! Hai un montón de tendas con froitos exóticos como os dátiles, tendas onde venden té e infusións que teñen nomes moi raros, tendas nas que venden teas moi brillantes e moitísimas cousas máis.
Os comerciantes berraban moito para atraer os clientes pero nós non entendiamos xa que falaban en linguas indíxenas, con todo conseguimos comprar uns recordos para toda a familia.
Facíanme moita graza os homes que vestían con xilabas, unha especie de túnica que é a prenda típica do país. Recordábanme o traxe de carnaval que puxen hai tres anos. A pena é que mañá temos que coller o avión en Casablanca e voltar á casa pero o peor é que temos que voltar ó instituto o martes e hai clase tamén pola tarde.
Un saúdo
PABLO
P.D. : Tamén levo un recordo para ti.
**************************
Sáhara, 17 de marzo do 2008

Querida Sonia:
A miña familia e mais eu decidimos vir de vacacións ó Sáhara, hai un mes.
Agora mesmo estou tomando un té coa miña irmá mentres escribo esta carta para ti.
Saímos onte e embarcamos no primeiro avión, que nos deixou en Madrid e a continuación subimos a outro que nos deixaría en Sevilla. Alí tamén tivemos que coller outro avión, este deixaríanos, ó final, no Sáhara.
Cando desembarcamos nun aeroporto cercano ó Sahara a emoción invadiunos. Un automóbil recolleunos e levounos ó hotel.
Ó chegar ó hotel xa anoitecera e un gran cansanzo invadiunos, debido á viaxe tan longa que teveramos.
Antes de cear e deitarnos indagamos un pouco no hotel. Tiña unha fermosa entrada e na porta había dúas grandes columnas. A porta da estrada daba a un recibidor onde se atopaba a recepción do hotel, atendida por unha amable rapaza.
Continuamos explorando o hotel e atopamos un salón cunha fonte no centro rodeada por uns sofás. Nun extremo da habitación había sala de ordenadores e no outro extremo atopábanse os lavabos.
Había unha terraza que daba ás piscinas tanto ás exteriores coma ás interiores.
Agora estamos nesa terraza que dá ás piscinas. Logo iremos de excursión polo deserto.
Espero e desexo que o estés pasando ti unhas fantásticas vacacións.
Moitos bicos de
PAULA
*******************************
Sáhara, 21 de marzo do 2008-05-10
Miña querida Sonia:
Estou tomando un té no Sáhara cos habitantes deste poboado que a pesar da dificultade das súas vidas sempre teñen un sorriso aberto para calquera veciño ou visitante. Como xa saberás no Sáhara existen moitos e diferentes tipos de té, agora mesmo baixo a persistente luz vespertina reloce a auga do meu té das cinco.
Contemplo neste mesmo instante a beleza desta terra. Cada duna parece que ten os raios do Sol entrelazados na súa area dourada, dourada coma a pel dos dromedarios que utilizan para desprazarse e coma os ollos desta xente. Podes contemplar esta terra con ollos vagos e tan só verás area, area e chozas coloridas. Mais se ollas atentamente e traspasas a beleza que aparenta, descubrirás a maldición que ostenta. Pois en realidade esta area é cruel. Aquí non brotan as flores que cada mai regaría todas as mañás no seu país anterior…
E así, sumida nos meus pensamentos déixote coa esperanza de que nos vexamos pronto.
Apertas de aquí para acolá
CANDELA
***************************
Xapón, 1- 4- 08
Querida Sonia:
Suponse que eu debería estar no Sahara pero por un erro dos billetes estamos en Xapón. Para min, a verdade, isto é mellor porque non vai tanta calor e é moito máis bonito e ademais descubrín que o quimono séntame moi ben. Tamén vimos os fogos artificias xa que estamos nas festas de verán.
É dicir, estouno pasando moi ben.
Con moito cariño
SARA MALLO
P.D.: Non che recomendo que comas sushi, non ten ingredientes comestibles para os galegos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario